Xa son oficiais os resultados da Carreira Pedestre.
Os resultados 2006.
Os resultados 2005
A analise dos resultados fareina máis polo miudo estos dias. Atopei nas listas máis xente da Facultade, e todos empeoraron este ano o seu tempo, o que máis empeorou foi Jaime Cortizo que empeorou 9 minutos, pero ainda así foi capaz de baixar da hora fixo 59 min. 59 s. si que afinou o Jaime.
Os meus pasos foron:
Km 4,5. 23 min. 10s (a 5:08 o Km)
KM 7,2 (oficial) 37 min 41 s. ( a 5:14 o Km.)
Km 9,5 ( a 3 km de meta, antes de Vite) 51 min. 30 s ( a 5 min 22 s)
meta 12,5 km. 1h. 15 min.16 s. (a 6:13 o Km)
Analizando os meus pasos, obviamente saín demasiado forte. A saida fixena co meu pai que se dedicou a marcarme o ritmo e irme falando, incluso parouse un par de veces a esperarme andando, ata que baixando concheiros, xusto antes do km 4,5 logrei que me deixara en paz e se largase por diante.
Despois intentei ir regulando, pero ó chegar a Vite non fun capaz de subir rápido, tardei 11 minutos en facer ese quilómetro, e os últimos 2 de baixada a meta foron unha tortura tardei 13 minutos en recorrer esos 2 kilómetros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario