25 octubre 2006

O futbol Americano é o deporte de estratexia por antonomasia, un xogo parecido ó RISK onde se pelexa metro a metro, dentro da liga hai grandes xogadores ofensivos, como Favre, Peyton Maning, Rotisberger, etc, pero son tamén moi valorados os bos xogadores que defenden ó cuarterback, un deles é o noso amigo ALAN FANECA , é un deses xogadores que bloquea ós contrarios para posibilitar que o seu quarterback faga os pases sen ser agobiado pola defensa. O ano pasado foron campeóns Roethlisberger, Ben foi declarado o mellor xogador da final, pero puido facer os pases gracias ó traballo de Faneca, para bloquealo, e tamén gracias ás carreiras do autobús Jerome Bettis o que podedes coñecer na sua páxina oficial.

No hay comentarios: