Como xa sabedes o ano pasado participamos na carreira pedestre camiño de Santiago. Despois da miña actuación do ano pasado prometera 1-licenciarme 2- facer farifutbol.com e 3-mellorar 10 minutos o meu tempo na pedestre. Estamos a eso, ainda que o sábado pasado me deu un pinchazo e estiven en repouso, sen entrenar, ata onte xoves, pero esperanzados en alcanzar a meta desexada.
Da xente que visita esta páxina os tempos do 2005 foron:
Pos.- 1.360 Manuel Fariña Facal 59 min. 40 s. ( O meu pai, que foi correr despois de xogar ó futbol o sábado e que este ano pensa volver a ir xogar ó futbol o dia antes)
Pos.- 1.515 Felipe Suarez Pereiro 1h. 1 min. 41 s.
Pos.- 1.924 David Rodríguez Fernandez 1 h. 8 min. 56 s.
Pos.- 2.058 Santiago Novio Vázquez 1 h. 13 min. 16 s.
Pos.-2.061 Carlos Otero Casal 1 h. 13 min. 20 s.
Pos- 2.144 Javier Fariña Pérez 1 h. 20 min. 11 s.
Así está o reto para a carreira do 2.006, o domingo a noite xa vos farei unha crónica da carreira e o martes veremos en El Correo Gallego, a clasificación oficial.
Para saber todo da pedestre 2006
pd: Admitense apostas sobre o meu tempo final, a ver quen se acerca máis.
pd2: Charly rajado, non ibas vir para a Pedestre?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Anticiparvos que ó final non puido ser. O meu pai decidiu que o ano pasado se cansara moito, e ademáis como ten unha tendinitis, este ano iba ir amodo, é decirm ir conmigo. Acompañoume 4,5 kilómetros e se eu tivese mantido o ritmo teria chegado por debaixo de 1h. 10 por moito, pero creo que me fixo rebentar o ritmo ó que me levou. Mellorei considerablemente o tempo do ano pasado pero non cheguei ó obxetivo.
Mañá analizovos os tempos de paso, teño o dos kilómetros 4,5Km. 7km (oficial) 9,5 km (é decir a 3 de meta, cando empeza a costa de Vite)
Publicar un comentario