Frente a ese tipo de xogo (ainda que ten moitos matices) está Gales, o pequeno pais de menos de 3 millóns de habitantes, é unha potencia pequena do Rugby, que se caracteriza polo contrario, ten poucos xogadores mangallóns, ainda que moi carismaticos, os meus favoritos son os 2 Osos Jones. Duncan Jones e Adam Jones
Como decia, Gales caracterízase por xogar ó modo dos anos 70, a pasar o balon e através de fintas e amagos intentar despistar ós contrarios. O seu mellor xogador é o máis baixo de tódalas seleccións de nivel mundial Shane Williams mide 1,77 e é rapidísimo, soe facer ensaios de máis de 80 metros de carreira, pese a que é tan coñecido que cando colle o balón van 2 e 3 xogadores a cubrilo. En 39 partidos internacionais leva anotados 130 puntos, mediante 26 ensaios.

No mundial de Australia 2003 na fase de grupos xa clasificadas Nova Zelanda e Gales xogabanse o pasar primeiros de grupo e evitar a Inglaterra en cuartos, o seleccionador Gales (un Australiano) deu o partido por perdido e puxo a medio equipo suplente, e levados por Williams estiveron gañando na primeira parte, e empatados ata o minuto 15 da segunda, ata que o poderio de Nova Zelanda acabou con Gales. En cuartos tocoulles Inglaterra, e na primeira parte, Shane Williams colleu un balon na sua liña de 22 e cun par de fintas foise de todos cantos lle saian ó paso anotando un ensaio memorable. Ó descanso gañaba Gales 7 a 3. Na segunda parte a Inglaterra que sería campeón do mundo machacou mediante as patadas de Jonny Wilkinson, venceu a Gales. O seleccionador Galés foi cesado ó acabar o Mundial, pese ó bo resultado, xa que perder contra Nova Zelanda por menos de 20 puntos non o pode facer calquera, ou ter contra as cordas ó campeón do Mundo... pero o que non pode consentir un Galés é que se de un partido por pedido, porque o Rugby é un deporte de Cabaleiros, ó que Gales xoga co pase á man.Pinchade a estas diapositivas de Shane Williams.
pd: Esta semana Gales xogou un partido internacional (test) contra o subcampeón do mundo Australia, empatando nun granísimo partido Gales 29 Australia 29.
Tamén xogaron Nova Zelanda e Inglaterra. Inglaterra 20 Nova Zelanda 41 ( Jonny Willkinson segue dende 2003 se xogar con Inglaterra por múltiples lesións).


No hay comentarios:
Publicar un comentario