20 noviembre 2006

Perderon os Indianpolis Colts


Estamos en plena temporada regular da NFL, o 4 de Febreiro celebrarase a Super Bowl. Os indianapolis Colts, que o ano pasado remataron con 15 partidos gañados e 1 perdido, levaban esta temporada 9 partidos gañados de 9 desputados, o Domingo á noite e televisado en directo en España en directo por Sportmania, Dallas Cowboys gañoulle 24 a 14, é decir por un TD e conversión.
Indianápolis é o equipo da super-megaestrela, o quarterback Peyton Maning.

Un quarterback é o cerebro do equipo, o que recibe o balón e decide que facer con el, un equipo de Futbol americano forma con 11 xogadores, e fai cambios constantes para aguantar o ritmo, o quarterback ten a obriga de coñecer de memoria unhas 250, 300 xogadas diferentes, coas suas variantes, xa que en prácticamente todalas xogadas tes que ter varias alternativas, e tendo en conta á defensa contraria, e os xogadores que tes nese momento no campo. Este ano os Colts xogan cuns 23, 25 xogadores en ataque, e obviamente un equipo como os Colts, son analizados en profundidade polos equipos contrarios, recordemos que os xogadores defensivos do equipo contrario solo se dedican a estudiar ó contrario, a intentar adiviñar as xogadas e roubar o balón. Por eso os quarterbacks tardan anos en convertirse en titulares, soen estar 3,4,5 anos de suplentes ata conseguir unha oportunidade, eso pasoulle a todos dende Dan Marino, Brett Favre ou Steve Young estiveron anos de suplentes. Maning non, foi elexido o numero 1 do Draft e empezou a batir records, na sua novena temporada como profesional xa bateu os records máis importantes, o de pases de touchdown nunha temporada do mesmo Dan Marino, o mellor da historia, pinchade aquí e poderedes ver os datos máis importantes da sua carreira.
Como xoga Peytong Maning? pois canta máis presión ten mellor xoga, manexa moi ben o tempo, soe agotar ate o último segundo o momento de empezar a xogada, e sobre todo aguanta moito coa bola e soltaa xusto cando lle van caer enriba os defensores, ou cando equipo contrario está facendo os cambios colle e fai o contrario, saca rápido. É unha delicia ver o seu equipo de ataque, porque non xoga como Favre, que busca o pase espectacular case sempre, senón que varia o xogo de pase e carreira, o pase largo,corto ou medio, e sobre todo en situacións límites 3 down ou 4 down incluso, ponse e en vez de intentar xogadas de carreira saca pases de 80 metros impresionantes.

Os Colts ainda non xogaron a Super Bowl con Manning, xa que ata este ano, tiña unha defensa patética, os seus partidos eran un carrusel de touchdowns, este ano melloranon moito na defensa do pase, ainda que siguen sendo un dos peores equipos contra a carreira. Pero este ano tamén están tendo dificultades no ataque, están tan estudiadas as suas xogadas, que este ano "solo" están promediando 28 puntos por partido, e incluso sufrindo para gañar partidos. Os críticos non confian tanto neles este ano, pero amin dame que este ano poden, por fin ser os campeóns, están aprendendo a sufrir en defensa, e nos playoffs esto é sempre decisivo, ainda que poñer en dubida a un equipo que vai con 9 gañados 1 perdido paréceme un pouco esaxerado.

No hay comentarios: