
Todos tendemos a recordar tempos pasados e recordar os mitos que nos tocou vivir, recordamos a Maradona, Petrovic, ou Michael Jordan.
Estou de acordo en recordalos, pero creo tamén necesario darnos conta dos mitos que nos tocan vivir, os que están no seu máximo, Peyton Manning no Futbol Americano, ten toda clase de records e vai camiño de ser o mellor da historia, ou outro dos meus preferidos Johnny Willkinson que con 27 anos e despois de pasar 3 anos lesionado acaba de convertirse no máximo anotador da historia do torneo das 6 nacións, eso é con 27 anos e sen xogar os últimos 3 torneos. Este sábado bateu o record no partido contra Italia en Twickenham, con 5 golpes de castigo transformados (por certo ten ofertas de 9 millóns de dólares para xogar de pateador no futbol americano pero parece que non vai marchar).
Pero Willknson non é soio un pateador, no primeiro partido deste 6 nacións de 2007, despois de 3 anos e 2 meses sen xogar, Inglaterra 42 Escocia 20 , Willkinson igualou o anterior record de puntos, e fixoo anotando 27 puntos en 5 golpes de castigo 2 transformación 1 drop e 1 ensaio, é decir, anotou de tódalas formas posibles no Rugby.
No hay comentarios:
Publicar un comentario