24 enero 2007

Os Colts na Superbowl

Os meus pronosticos cumprironse, os Indianápolis Colts chegaron, da man de Peyton Manning, á final da NFL. Pese á desastrosa defensa dos Colts, que chegaron a ir perdendo 21 a 3, da man de Peyton Maning, xogando baixo presión conseguiron a maior remontada da historia das semifinais da NFL, vencendo tras anotar no último minuto por 38 a 34. Maning fixo !349 yardas de pase!

Pese a este gran partido, os Colts non son os favoritos, xa que tendo tan desastrosa defensa necesitan partidos épicos para gañar, porque os equipos da NFL xa aprenderon como ganarlle ós Colts, en ataques moi longos, abusando da carreira, para consumir tempo, e deixar o menos tempo posible no campo a Manning.

Será capaz Maning de facer outro partido por enriba dos 35 puntos?, a resposta na superbowl o 4 de febreiro.

No hay comentarios: